In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quinta-feira, 17 de setembro de 2009

Aproveitando os recursos de Meiga


É probábel que ainda non te beneficiases dos diversos recursos que podemos usar por sermos usuarias e usuarios do programa Meiga na nosa biblioteca.

Para non perderes esta axuda, debes entrar no noso sitio OPAC de Meiga, en Recursos web/Recursos electrónicos (na columna esquerda da páxina, ao final); unha vez dentro, clicas no título da ligazon que sexa do teu interese.

A seguir, como Usuario debes introducir o número de carné da biblioteca e, como contrasinal, o teu nome ou algún dos teus apelidos; clicas INTRO e xá tes ao teu dispor un amplo campo para aprenderes, para realizares traballos, curioseares, etc.

2 comentários:

Bibliomanía disse...

Paréceme moi oportuno publicitar este recurso. Seguirei o voso exemplo. Grazas e bo comezo de curso!!¡

Maria disse...

Grazas polo comentario e por tanto que aprendemos convosco. Forza!