sábado, 19 de setembro de 2009

Comeza a XXXI Semana de Cine de Autor


Mañá, 20 de setembro, comeza en Lugo a XXXI Semana Internacional de Cine de Autor, organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiñá que, desde 1979, ven facendo frente a dificuldades diversas, económicas nomeadamente, para manter esta actividade tan cara á cidadanía luguesa.

Neste ano, as proxeccións -gratuitas ou con prezos baixiños- pasaranse no Auditorio "Gustavo Freire", na sala da Caixa Galicia, na Biblioteca Pública e na Deputación Provincial.

As 10 seccións poñen ao noso dispor máis de 50 filmes, de moi diferente tipo: longas e curtametraxes, cinema clásico, animación... hai onde escoller.

Pola relación que teñen coa lectura, salientamos dúas proxeccións: unha baseada nun relato do noso Ánxel Fole : O tesouro e a outra -con moitos premios no seu historial- realizada a partir dun conto de José Saramago: A flor máis grande do mundo, obra moi recomendada nos blogues amigos das Blibliotecas Escolares Galegas.

A non perder.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...