segunda-feira, 30 de novembro de 2009

"La Voz de Galicia" dá voz ás Bibliotecas Escolares Galegas

Onte, La Voz de Galicia, fíxose eco da importancia do traballo que se está a desenvolver nas Bibliotecas Escolares Galegas. O Segrel do Penedo informa pormenorizadamente da noticia:

Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas. "Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil"

Falase da experiencia dos clubs de lectura, e como exemplo o IES Alexandre Bóveda e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.
Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de autores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»

Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler
«Mellórase o clima do centro  e, como se fai normalmente despois do recreo, é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmenteos conflictos». «Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»
Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:
«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»
«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»

Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.

Desde aquí os nosos agradecementos e parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos portavoves das Bibliotecas Escolares Galegas, e ao Segrel do Penedo por esta e tantas informacións..

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...