quinta-feira, 24 de dezembro de 2009

Concurso de Micro-relatos en galego



A ONG IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO convoca a IV edición do seu CONCURSO DE MICRO-RELATOS ao redor do tema do xénero, que ven sendo o fío vertebrador da organización ao longo deste ano.
BASES:

1. Poderanse presentar persoas de calquera nacionalidade e idade coa única condición de que os textos presentados sexan orixinais en galego e inéditos. Haberá unha única categoría sen distinción de idade. A persoa gañadora da anterior edición non poderá participar no concurso.

2. Os micro-relatos deberán ter unha extensión máxima de 2500 caracteres e deberán versar dunha forma ampla sobre o xénero, a súa influencia no traballo en cooperación ao desenvolvemento, nas nosas sociedades ou sobre calquera outro aspecto relacionado.

3. Os micro-relatos poderanse enviar por correo electrónico ou por correo postal, en ámbolos dous casos baixo pseudónimo. Quen desexe optar polo correo electrónico deberá mandar un mail co texto ao enderezo implicadas@terra.es, indicando unicamente un número de teléfono de contacto e evitando calquera referencia á/ao autor/a. Quen desexe enviar o traballo por correo postal debe facelo a
IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO,
CAMELIAS 49, escaleira,
36211, VIGO
indicando no sobre “Para o concurso de MICRO-RELATOS”. Neste caso, dentro do sobre deberá presentarse unha plica na que constarán os datos de contacto do/a autor/a.

4. O prazo de entrega de orixinais remata o venres día 5 de xaneiro.

5. Concederanse un único premio consistente nunha Cesta de Comercio Xusto. O xurado poderá facer mencións especiais a tantos relatos como considere necesarios. Os premios entregaranse ao longo do espectáculo IMPLÍCATE, Noite de música e palabra solidaria que se celebrará no Teatro Principal (Santiago de Compostela) o día 10 de xaneiro, para o cal a persoa gañadora recibirá dúas entradas.

6. Os relatos premiados serán cedidos a para a súa difusión.

7. O premio poderase declarar deserto.

8. O envío de textos a concurso implica a aceptación destas
Máis información sobre esta ONG aquí

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...