quarta-feira, 22 de julho de 2009

Escola de Física do Porto: participantes

Cando menos, dous alumnos e unha alumna do noso instituto están seleccionados para participaren na Escola de Verão de Física do Porto, de 30 de agosto a 5 de setembro deste ano 2009; porén, todo o persoal que se candidatou debe combrobar no sitio da Escola se foi ou non seleccionado porque é posíbel que haxa máis alguén, para alén destas tres persoas:

Alberto González Almuíña
Ana Gallego Rodríguez
Javier Valle Regueiro

Parabéns aos tres, que desfrutedes e aprendades moito. Ficamos á espera de que nos deixedes un comentario aquí ou nos enviedes un mail ao enderezo da biblioteca que figura na columna lateral.

quarta-feira, 15 de julho de 2009

Escola De Física do Porto: selección


O listado de alumnado admitido para participar na Escola de Verão de Física do Porto xa foi publicado. Verifica aquí se houbo sorte e, de ser así, comunícanolo con un comentario a esta entrada. Que tudo corra bem.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...