quinta-feira, 11 de fevereiro de 2010

Voces para Novoneyra

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) está a preparar un vídeo sobre Uxío Novoneyra que estará dispoñíbel a comezos de abril. No vídeo incorpóranse algúns poemas do libro Os Eidos. A gravación dos textos terá lugar en marzo. Queremos abrir a posibilidade de participar neste documental a todas as persoas que o desexen. Por iso a AS-PG convoca un concurso para a selección das voces (unha voz masculina e unha voz feminina) que recitarán os textos de Novoneyra segundo as seguintes bases:
- As e os participantes gravarán en formato mp3 dous poemas do libro Os Eidos e enviaranos á AS-PG  a través do formulario que se encontra neste enderezo, cubrindo todos os datos que se solicitan.

- Os envíos haberán de se facer antes do día 22 de febreiro de 2010, ao enderezo citado anteriormente.

- A AS-PG nomeará unha comisión de selección e esta proporá unha voz masculina e outra feminina, atendendo aos criterios de dicción, interpretación, ritmo e calquera outro criterio a ter en conta nestes casos.

- As persoas seleccionadas participarán na gravación do DVD, aboándolles a AS-PG  as cantidades que de común acordo se establezan.
Se a comisión de selección considera que ningunha das gravacións recibidas reúne os requisitos esixidos, a AS-PG  acudirá a profesionais para levar a cabo este traballo. Neste suposto, as gravacións recibidas poderían incluírse no DVD nun apartado de “Extras”

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...