Bata por fóra, muller por dentro
"Para celebrar o día Internacional da Muller Traballadora , este ano contamos cun vídeo dunha creadora viguesa, Claudia Brenlla, que se titula “Bata por fóra, muller por dentro”. A nosa compañeira Chis tróuxoo ao centro e propuxo actividades para traballalo na aula, así como as ideas para a performance de mañá. O vídeo é moi interesante, creativo e divertido . É en realidade unha homenaxe ás mulleres que traballan as súas casas, coidan dos pequenos e maiores, cultivan as leiras, mariscan, limpan as tumbas dos seus difuntos, etc, ataviadas moi a miúdo con esas batas. Batas con ou sen mangas, con botóns ou cinto, abotoadas diante ou detrás, case sempre de cadros, pero tamén de raias, flores ou lunares. Batas coas que protexen a súa roupa ou coas que se gardan do frío. Batas que din: "vou traballar" (e que se poñen a primeira hora da mañá e se quitan ben entrada a noite). E por suposto, batas coas que realizan un traballo que non coñece o que son as vacacións, xubilacións, pagas, pensións, nin ningún tipo recompensa e, sobre todo, admiración.
Alumn@s de diferentes cursos estiveron traballando sobre este vídeo: analizárono e escribiron poemas, microrrelatos e outros textos (que estaán expostos nos taboleiros da planta baixa do instituto). Ademais temos a "exposición" das batas no vestíbulo, que o enche de cor todos estes días e nos recorda moitas cousas, ademais das nosas antepasadas ("a miña avoa ten unha desas", comentoume un alumno estes días, "miña nai un feixe delas", dixo outra rapaza). Moita bata.
A celebración de hoxe luns no insti: virá a directora do vídeo a falar cos alumn@s de varios cursos que o traballaron. E a última hora, no patio, realizarase unha performance ( asistirán @s alumn@s de 2º e 4º de ESO, varios cursos de 1º e un de 2º de Bach, un 3º e un 1º de ESO) que consistirá no seguinte: primeiro faremos unha pequena introdución e leremos algúns dos textos escritos polos rapaces e rapazas, e logo os alumn@s dos diferentes cursos irán colocando as batas coas que previamente se fixeron sobre a silueta dunha bata xigante debuxada con xiz no chan. Desta maneira montarase unha bata pachtword xigante. @s alumn@s de tecnoloxía gravarán todo esto e montarán un vídeo.

Quince profesores/as de varios departamentos e uns trescentos alumnos/as veñen traballando na aula dende fai días, baixo a coordinación de Chis. Un proxecto interdisciplinar que no que teñen cabida as TIC, as matemáticas, as linguas, a filosofía, historia, cidadanía, música (tamén participa o alumnado do conservatorio). Un proxecto que foi agrandándose pouco a pouco ata o punto de que onte saímos en TVE (España directo), a coordinadora foi entrevistada na Cadena SER e hoxe, Luns, non deixaron de vir cámaras de distintas televisións e saímos na prensa.
Teremos que esperar uns días para poñer un post con todos os traballos feitos polo alumnado, as fotos de todos os eventos e os vídeos realizados nas clases.
De momento deixamos aquí o enlace á noticia do Faro de Vigo e o vídeo de TVE (debedes ir ata o minuto 21,10 aprox.)"
Queremos ver ese vídeo resultante. Parabéns
Sem comentários:
Enviar um comentário