Se procuramos un ensino que erradique as discriminacións nacidas de prexuízos, é hora de actuarmos; a diversidade afectivo-sexual é, aínda, pouco respeitada nos centros de ensino ou, cando menos, ignorada nos currículos, evitada por parte de boa parte do persoal docente, chegando mesmo, en casos singulares, a ser obxecto de desconsideración, por dicilo eufemisticamente.
A realidade LGBT (Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais), máxime na idade do noso alunmado, necesita que lle demos visibibilidade e atención xa.
Grazas ao grande sarriao Antóm Fortes -que escribe un artigo de grande interese neste Terra e Tempo-, coñecemos o poeta e editor esloveno Brane Mozetič que realizou unha antoloxía da poesía contemporánea europea gay (MORAL BI SPET PRITI sodobna evropska gejevska poezija), en que teñen representación os peninsulares Francisco Brines, Pablo García Baena, Juan Antonio González Iglesias e Luis Antonio de Villena; Biel Besquida e Manuel Forcano; António Franco Alexandre e Joaquim Manuel Magallães; Rikardo Arregi Díaz de Heredia e o propio Antóm Fortes. Unha das obras do escritor esloveno pode ser lida aqui, ademais da que se recolle na súa páxina web, antes enlazada.
Non son alleas a este tema as Bibliotecas Escolares Galegas que disponibilizan contributos bibliográficos que poden interesarvos; pódense procurar no buscador da columna lateral deste blogue; contodo, aqui deixamos esta mostra realizada por Biblioafonso:
Por outra parte, o Concello de Lugo acaba de estrear onte un servizo de atención e orientación ao colectivo LGTB no Centro Maruja Mallo; esta asesoría municipal, ainda pioneira na Galiza, será atendida por un profisional todos os mércores das 17h00 ás 21h0.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário