Este é o vídeo da campaña:
desconxeLE from 20editora on Vimeo.
Aínda non é posíbel ler en lingua galega numerosas obras de outras literaturas que as librarías nos oferecen case exlusivamente en castellano. A edición en lingua galega está aínda en proceso de se normalizar; agora, por iniciativa destas empresas, nós tamén podemos implicarnos nese labor: unha das peticións que realizan é a de lles enviarmos as nosas opinións acerca das obras que achamos imprescindíbeis para seren traducidas ao galego.
As suxestións han de se enviar a editamosparati.comunidade@20editora.com
Sem comentários:
Enviar um comentário