quinta-feira, 20 de maio de 2010

Proxecto científico para ti: Escola de Verão de Física.Porto

  • Queres pasar 5 días deste verán no Porto?
  • Cursas 1º de bacharelato ou 4º de ESO?
  • Gostas da Física e da Matemática?
  • Tés boas cualificacións nesas materias?
Se as respostas a estas perguntas son afirmativas, non esperes máis e inscríbete hoxe mesmo na Escola de Verão de Física da universidade do Porto. Podes pasar 5 días desenvolvendo actividades científicas e aprendendo.
No verán pasado, unha alumna e un alumno deste instituto foron seleccionados e desfrutaron da experiencia.
Para apresentar a túa candidatura,  debes preencher  o formulario que encontrarás aquí e que un profesor ou unha profesora das materias indicadas antesenvíe esta Carta de recomendación.

Só faltan uns días: a data limite para recebiren a carta é o día 31 deste mes.

















Na imaxe, ao centro, Xavier e Ana, participantes na última edición.
Via

1 comentário:

Anónimo disse...

Espero que se teña animado alguén a participar na Escola, é unha experiencia única, instrutiva e divertida. Canto á física é unha aprendizaxe moi interesante, en especial para aqueles a quen lles guste o inverosímil que a nosa natureza porde ofertar, pero sen dúbida o mellor é estar con xente de distintos lugares cos que compartir momentos, na miña opinión inimitábeis."E se gostais de aprender português é uma experiência espantosa para começar a ter contacto com uma língua mesmo formosa". Sorte para os valentes!

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...