sexta-feira, 8 de outubro de 2010

Comezamos (algo tarde) con concursos

Así é: dificuldades de diversa orde leváronnos a voltar por aquí un pouco tarde; alén diso, a escasa disponibilidade horaria ralentizará, máis do que desexamos, a actualización deste punto de encontro.

Antes de que sexa tarde demais, facemos un chamado á participación nestes dous concursos:


I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar"

No noso caso só pode participar alumnado do 1º ciclo de ESO; o concurso ten unha primeira fase nos propios centros, tendo carácter galego a segunda e última fase. Deixamos aquí o texto da convocatoria e pedimos ao profesorado deste ciclo que anime o alumnado a participar. Para calquera esclarecemento, pódese enviar un correo-e ao enderezo da nosa biblioteca. Non convén demorármonos porque o prazo vence no próximo día 30.

3º Concurso de Relatos. Ciencia que conta 2010

Segundo nos informan da organización -un equipo de profesorado do proxecto A Ciencia Conta da Universidade de Vigo-, con este concurso de relatos curtos, vinculados á ciencia, preténdese pór de relevo a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no ben-estar da sociedade. Estes e outros obxectivos do premio pódense coñecer mellor, xunto coas bases para a participación, aqui. Tamén no blogue Ciencia que conta, onde, por outra parte, poden lerse os relatos de anos pasados.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...