O día dez de decembro conmemórase a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) realizada co compromiso dos estados de cumprir e facer cumprir unhas normas cuxo denominador común é a liberdade e a igualdade dos seres humanos; infelizmente, para millóns de persoas este compromiso só existe sobre o papel.
Aínda que xa foron publicados hai algúns anos, dous libros chegaron recentemente á biblioteca e parécennos hoxe moi recomendábeis polo seu contido, para alén de seren esteticamente fermosos.
Un deles é No hay tiempo para jugar. Relatos de niños trabajadores, con entrevistas da mexicana Sandra Arenal e ilustracións da arxentina Mariana Chiesa. Cincuenta nenas e nenos mexicanos sen infancia e obrigados a traballar contan outras tantas historias que removen conciencias.
Aparentemente é máis amábel, apesar do título, o libro Material Sensible. Cuentos crueles de Jordi Sierra i Fabra; no fondo, fotografías e texto sensibilízannos con dereitos incumpridos nun mundo da infancia diverso xeograficamente, mais uniforme na miseria, o sofrimento, o silencio da súa voz.
Sem comentários:
Enviar um comentário