sábado, 12 de fevereiro de 2011

Novo banco de recursos

Acaba de se estrear unha base de datos sobre a poesía galega dos dous últimos séculos, con numerosos recursos: reprodución de traballos críticos, limiares, recensións, capítulos de historias da literatura, cartas, poéticas autoriais..., en formato de texto, audio ou vídeo.

O traballo débese ao Grupo Alea de Análise Poética (GAAP). No proxecto participan trece investigadoras e investigadores con vinculación a catro universidades: Santiago de Compostela (USC), A Coruña (UDC), Vigo (UVigo) e Barcelona (UB), con apoio do Consello da Cultura Galega.
A ligazón permanente témola na columna da esquerda, sección Outras axudas.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...