Na biblioteca, nas aulas, nos corredores terás visto este cartaz ou outros similares.
Quizá xa saibas que numerosas bibliotecas escolares galegas iniciamos a campaña Salvando libros e contamos coa túa colaboración: se pertences ao alumnado, ao profesorado, ao persoal da administración e servizos ou es nai ou pai do alumnado deste instituto, quédache feito o convite, mesmo o rogo, para salvares un libro da literatura galega.
E como se salva? A única maneira de que non desapareza é téndoo dentro de un propio, na memoria; por iso,
- Memoriza un fragmento, por breve que sexa, do libro que salvarías e cópiao nun folio, como o da imaxe superior, que, se aínda non está contigo, podes recoller na biblio.
- Preenche os outros datos pedidos nese folio (o teu nome e unha brevísima razón da escolla dese libro).
- Deposítao nunha caixa que, para ese fin, encontrarás na biblioteca. O venres, 29 ou o luns, 2 de maio son as datas indicadas, mais podería ampliarse á primeira semana de maio por enteiro.
Agradecemos moito que difundas e participes.
2 comentários:
"Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo." Me parece la más hermosa, misteriosa y lírica de las novelas del boom.
Preciosa iniciativa. Parabéns e apertas dende a fraga de Loranca.
Gracias, amiga. Comparto a opinión sobre Pedro Páramo.
Sumaremos o teu contributo á nosa exposición.
Un abrazo
Enviar um comentário