quarta-feira, 11 de maio de 2011

Lois Pereiro: 7 a 1 (1)

Apostamos por Lois Pereiro. Queremos que a  forza que o fixo batallar coa  morte, vencéndoa varias veces, e a memoria  da súa vitalidade, inmortal nos seus escritos, contaxie quen o le.

É por iso que, como contributo mínimo  na súa honra, cada un destes sete dias que faltan para o da efeméride a el dedicada neste ano, deixaremos aquí a súa palabra:

Clica para coñeceres a fonte
Degradación

Unha bola de neve
que leva dentro sombra e pesadelos
dirixida ó centro máis negro 
da conciencia,
unha bola con nome que devala
e o destino marcado
sinalado o camiño desde sempre.
Dado por morto por segunda vez
ata o inferno rexeita 
ter que cargar comigo
e denégame a solicitude.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...