sábado, 14 de maio de 2011

Lois Pereiro 7 a 1 (3 e 4)

Blogger impediunos acceder onte. Compensando:

(Apollinaire?... apollinaire.
apolligrama, caligraire Madame Sosostris
botoume as cartas. E fixen un poema
en forma de útero.
Debo soñar desperto en
todo o que hai de erótico na terra.
Ser amable, levemente perverso:
e aproveitar a gratuidade
da Beleza.)


Soir.  La femme qui est derrière moi
me regarde à travers du miroir que j'aie
dévant ma face. Soir. Et le soleil brule nos ames.
Le désir chante. Et moi, maintenat, tout hereux d'être vivant.
Quérote. Soir. Serán. a muller que teño detrás obsérvame
polo espello que hai xusto diante miña. Serán.
O sol está a arder nas nosas almas. Canta
o desexo. E eu, agora, feliz de seguir
vivo. Je t'aime. Serán. Escribo
isto con calma e sigo
sendo o mesmo, ou
iso penso.
Creo.
xullo, 95
De  Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Sem comentários:

Letras Galegas 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua da autora ho...