E hoxe, Día das Letras Galegas, deixamos aquí un inédito de Lois Pereiro que coñecemos onte, grazas a Edicións Positivas que, no seu Facebook, disponibiliza este texto, nacido para "publicar na lapela/solapa/badana do seu primeiro libro, pero como o libro non tiña lapela daquela quedou fóra. Despois de moitos anos atopámolo con moito esforzo e con moita sorte":
POR UNHA FICHA POLICIAL DO PENSAMENTO
Lois Pereiro, DNI 14248884, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958- Trinta e tres anos. Fillo de Manuel Rodrigo e Inés. Cabelos castaños-roxizos e algúns brancos. Ollos verdes ou grises, segundo a luz.
Extrema delgadeza, pómulos pronunciados, rostro longo e estreito. Nariz longo e lavres finos. Ollada inquedante e sombría.
Potencialmente perigoso, quizais só para si mesmo, e por ese motivo, tamén para o sistema. De tendencias libertarias, pero sen ideoloxía concreta ou definida. Polo de agora a súa obra é case exclusivamente poética, publicada en antoloxías ou revistas e distintas publicacións.
Os libros “De amor e desamor” I e II, unha antoloxía poética de ámbito estatal: “Después de la modernidad. Poetas españoles en sus lenguas territoriales”, de Julia Barella, e outros libros antológicos ou conmemorativos coma o de poemas premiados en tódalas edicións do Concurso de Poesía “O Facho”, etc…
A súa poesía manifesta a presencia do alento atlántico, pero sen alonxarse da Galicia interior, dentro da fonda tradición palpable nos bosques do Incio, de onde procede a súa familia, e forma parte da “patria da súa infancia”.
Recolle as influencias asumidas e mitificadas de autores como Ezra Pound, Yeats ou Dylan Thomas.
Lois Pereiro define a súa loita co proceso de creación como “unha caída de si mesmo, un internamento no abismo, para logo reconstruírse, unha aprendizaxe en loita contra o insomnio”.
“A poesía”, dicía Conrad, “é coñecer o Ser no fracaso”.
Fonte |

Sem comentários:
Enviar um comentário