Ás dificuldades con que iniciamos este ano académico, súmase a tristeza polo falecimento dunha infatigábel traballadora das bibliotecas escolares: Maria Dolores, responsábel da biblioteca do IES Luís Seoane de Pontevedra e unha das principais impulsoras do último traballo conxunto das Bibliotecas Escolares Galegas: Salvando Libros.
En memoria túa, Maria Dolores, vamos continuar, aínda que, parafraseando a Cunqueiro, teñamos que facer "pombas con auga".
Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sobre o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentou:
- Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.
Álvaro Cunqueiro
0 comentarios:
Enviar um comentário