segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Sánchez Ruipérez


Talvez estes apelidos sexan descoñecidos, mais Germán Sánchez Ruipérez e as Bibliotecas Escolares teñen intensa relación.

Por veces, a morte de alguén acorda en nós débedas non satisfeitas. É o caso deste mecenas dos libros e a lectura, falecido onte.
A súa fundación -Fundación Germán Sánchez Ruipérez- é unha importante fonte de recursos educativos, relacionados co libro e a lectura, a que acudimos con frecuencia desde as bibliotecas escolares;  ten como obxectivos primeiros o estímulo das variadas formas de creación cultural e a contribución "ao fomento da lectura, á innovación educativa e ao desenvolvemento dos estudos universitarios", por palabras do seu presidente e fundador, agora falecido.

En perspectiva tiña a Casa del Lector -de próxima inauguración-, que pretende ser un centro internacional para a investigación, o desenvolvemento e a innovación na lectura.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...