quarta-feira, 7 de março de 2012

Hora de ler en 1º ESO A




Nós, os alumnos de 1º A, xunto co noso titor Juan Carlos Mourelos, creamos unha comisión de Biblioteca. Nesta comisión propuxemos ideas, como que os nosos compañeiros de clase trouxesen máis libros para engadir aos que xa tiñamos na nosa Biblioteca de Aula.
Para que todos gozaramos deles elaboramos un sistema de préstamo xunto a unha páxina web e tamén o lector do mes. 
Recoñecéronnos o traballo e estamos moi orgullosos diso, e de que a biblioteca funcione ben.
 Estas son algunhas lendas que figuran no noso armario:

         Doa libros á nosa biblioteca. Doa aventuras, traxedias e comedias.

          Doa libros que che gustaran, cos que poidas viaxar a terras lonxanas.

Se queredes un Diploma coma este e viaxar a mundos marabillosos falade con nós.
                              Aquí podedes ver a nosa Biblioteca de Aula e o Diploma que nos concedeu o Equipo da Biblioteca do Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes.




2 comentários:

Maria disse...

Parabéns a quen a alimenta esa biblioteca viva!
Magnífico traballo!
E non nos ides deixar entrar nesa web que creastes?

Rosa I. Pérez Parapar disse...

¡Enhorabuena a todos!
¡Buen trabajo del profesor-tutor y estupenda respuesta de los akumn@s!

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...