quinta-feira, 29 de novembro de 2012

Benvid@s á solidariedade

CAMPAÑA NADAL  BIBLIOTECA OLLOS GRANDES


COMPARTE ! : LIBRO e / ou  QUILO

Nos tempos que vivimos cada vez é máis necesario pensar nos demais , por iso nestas datas tan especiais lanzamos esta campaña.
Trátase de achegar un quilo de comida non perecedeira ( lentellas, arroz, azucre, botes de froitas , turrón…) ou/e un libro.
Todos os libros serán de lectura, en bo estado e empaquetados especificando título, autor e idade para a que é adecuado.
Tanto a comida como os libros serán enviados a Cáritas diocesana de Lugo. Podedes entregar a vosa achega na nosa biblioteca durante a semana do 3 ao 14 de Decembro.
Dámosvos as grazas por anticipado e deixámosvos este fermoso video:

1 comentário:

Melina López disse...

Noraboa pola iniciativa, doulle vida no foro Bookcrossing e eu paso a levar algo o venres mesmo!

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...