quarta-feira, 14 de novembro de 2012

Ler para ver


As IV xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, que veñen de celebrarse esta fin de semana no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, constitúen xa un referente para todas e todos os interesados no mundo das Bibliotecas e todo o que iso supón: Multialfabetismos, TV/cine, prensa, radio, mundo dixital, información, soportes diversos, lectura, imaxe... 

Que nos gustou?
Cando unha persoa ten un contido interesante que transmitir e, por riba, é quen de o transmitir con axilidade, bo humor...conecta con nós e consegue que gocemos como nunca.
Quen conseguiu isto?
Pois, Fabio Tropea na súa conferencia inicial: Ler entre liñas e pantallas. Estratexias de lectura crítcia na era de internet. Tiscar Lara cos seus Medios de comunicación, aprendizaxes dixitais e bibliotecas escolares. Ou, mesmo, Miguel Vázquez e Luís González que conflúen na interesante temática da lectura no século XXI. Marián Moreno Llaneza que nos contou como os videoxogos tamén son currículo.
Interesantísimas, polo mesmo motivo, foron as experiencias transmitidas polos nosos compañeiros de Bibliotecas Escolares como María Fernández e Rosario Sánchez- Gabriel que nos falaron con arte  da lectura e a arte despois da introdución realizada pola experta no mundo da arte Mercedes Rozas ou Luís Aldegunde experimentando coa linguaxe audiovisual. A simultaneidade de varias das conferencias fixo que tiveramos que elixir a cales iamos. Agardamos ver os videos en canto sexa posible colgalos.
Agardamos impacientes polas xornadas do vindeiro ano.

2 comentários:

biblioxograr disse...

Gustounos moito o widget sobre violencia de xénero. O incorporamos ao noso blog de biblioteca, naturalmente cunha ligazón ao voso.
Graciñas!!!!

Maria disse...

Grazas a vós por usalo e por loitar contra esta lacra.
Realmente, o widget recollémolo da Biblioteca Xoán Farías (Bibliopazos)

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...