quarta-feira, 29 de maio de 2013

Saúl Buján Souto finalista do Concurso Coca Cola Xoves Talentos

Alejandro Trashorras Murado  cóntanos como alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na quinta edición do Concurso en Lingua Galega e en Lingua Castelá. Os temas non eran moi doados e os miolos tiveron que reflectir un anaco. Os representantes de Coca Cola foron moi amables e, o máis importante, non houbo rivalidade. Grazas aos profesores por seleccionarnos e deixarnos participar.
Ademais a esta nova temos que engadir que temos un compañeiro seleccionado polo xurado como un dos seis premios do Sector de Lugo. O venres 7 de xuño farase entrega en Santiago de Compostela dos premios provinciais e darán a coñecer o premio Autonómico que gozará dunha viaxe a Londres acompañado por un profesor.
 Moita sorte Saúl. 
Deixámosvos o relato curto que , amable e dilixentemente, nos pasou o gañador.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...