Reproducimos o artigo publicado por Xulio Xiz en La Voz de Villalba:
As nosas
xentes descobren, cada día, novos xeitos de honrar a conveciños que
se distinguen no traballo a prol dos demais, ou por accións que
benefician á colectividade.
Ata non hai moito tempo, só sabiamos
das declaracións que facían os concellos de Fillo predilecto ou
fillo adoptivo para honrar aos nacidos no concello ou aveciñados nel
que tivesen un relevante papel social. Pero agora hai outros
nomeamentos, como o de que en Guitiriz nomeasen a Alfonso
Blanco Torrado “veciño necesario” daquela comunidade, chegando á conclusión de que o crego Alfonso, co seu traballo relixioso, cultural e social, é imprescindible para Guitiriz e a Terra Chá, como todos sabemos desde hai moito tempo.
Blanco Torrado “veciño necesario” daquela comunidade, chegando á conclusión de que o crego Alfonso, co seu traballo relixioso, cultural e social, é imprescindible para Guitiriz e a Terra Chá, como todos sabemos desde hai moito tempo.
Outro exemplo témolo en Bazar, de
Castro de Rei, onde a parroquia ten proclamado veciño de honra a
Anxo Lamas, escultor, pero tamén pintor e poeta, do que o pasado
venres se presentou o libro “Tebras” na casa da cultura de Castro
Ribeiras de Lea.
E agora en Vilalba, en Noche, temos á
Asociación Nausti que vai honrar o sábado a un dos seus veciños, o
máis sobranceiro, José Luis Novo Cazón, cun xantar popular e
dándolle o seu nome ao novo centro social erixido no edificio que
foi escola parroquial.
Unha placa no edificio dará o nome
deste escritor, profesor e historiador que volveu ás súas raíces,
e vive en Noche, despois de acreditar un importante papel como home
de letras, de investigación e espallamento da cultura, e que desde
agora identifica, imprime personalidade e humanidade,
ao centro social da parroquia.
ao centro social da parroquia.
As declaracións oficiais dos concellos
nomeando fillos predilectos e adoptivos están moi ben, pero ás
veces presentan problemas políticos porque algún grupo pode non
estar de acordo coa declaración. E moitas veces son lentas, que se
dan a xente que ten a súa vida feita, e chegan ao remate da vida,
cando non é a título póstumo. Sen embargo estas declaracións
parroquiais ou asociativas, populares son naturais, espontáneas,
sinceras, e veñen sempre no momento axeitado, cando o homenaxeado
está no mellor da vida.
Unínomos a esa homenaxe popular en
Noche ao veciño máis sobranceiro, e dámoslle a noraboa ao profesor
José Luis Novo Cazón, pero tamén a todos os veciños de Noche por
saber mirar arredor de si e recoñecer o papel do profesor e amigo en
Vilalba e na Terra Chá. Noraboa a todos, e que cunda o exemplo de
recoñecer aos veciños destacados das nosas parroquias o seu
traballo e a súa relevancia social.
1 comentário:
Desde aquí, mi más cordial enhorabuena a un entrañable compañero y mis mejores deseos para una feliz jubilación.
Muchos echaremos de menos el placer de escuchar a José Luis: su dominio del vocabulario y su expresión convierten cualquier comentario suyo en una preciosa lección de dicción.
Rosa I. Pérez Parapar
Enviar um comentário