As Nacións Unidas convocan o Premio Europeo da Xuventude 2013
Co obxectivo de conseguir os Obxectivos do Milenio das Nacións Unidas, o concurso The European Youth Award-EYA (Premio Europeo da Xuventude) busca aos mellores creadores de contido dixital para apoiar os seus proxectos e promocionalos en todo o mundo.
EYA selecciona e promove as mellores ideas en e-Content (contido dixital) desenvolvidas por mozos e estudantes menores de 30 anos. Esta iniciativa quere demostrar o potencial dos europeos á hora de crear proxectos que unan o social co dixital e que tamén poidan servir de plataforma para novos emprendedores que queiran embarcarse en negocios relacionados con internet como ferramenta humanitaria.
Os proxectos poden rexistrarse na páxina web do concurso ata o 1 de xullo en calquera das seguintes categorías:
- Loita contra a pobreza, a fame e as enfermidades
- Educación para todos
- Poder para a muller
- Crea a túa cultura
- Protexe o medio ambiente
- Busca a verdade
Máis información: pincha aquí (= web do concurso)
Sem comentários:
Enviar um comentário