terça-feira, 15 de outubro de 2013

UNHA SEMANA DE MEDO...

... NA BIBLIOTECA!!!

E no Samaín...5º concurso!

A semana do 28 de outubro ao 31 non te atreverás a entrar na Biblioteca!
 Este ano contamos coa participación do Ciclo de Educación Física dirixido por Carmela Mendo. Suxerimos engadades ás vosas aulas adornadas algún pastel terrorífico (se vai coa receita, mellor!), unha canción, un baile, posters ou cabazas... Xa está aí o Samaín ou Ano Novo Celta , agora reconvertido en Halloween !
 Homenaxeando tradicións antigas e actualizando un concurso que, desde hai cinco anos, organizamos desde a biblioteca, convocámosvos para participardes (non só o alumnado) nesta edición, atendendo ao que segue:
 1. Tipos de participación : • Cabazas adornadas • Posters alusivos á festividade • Pasteis e doces feitos con castaña, cabaza ou produtos da época. • Poemas, cantigas, microrrelatos alusivos á celebración. 
2. Datas e lugar para anotarse os participantes:
 Desde o día 14 de outubro ao 28 e outubro deste 2013, na biblioteca. 
3. Exhibición: Mércores 30 de outubro. 
4. Premios: Sorpresa! 
5. Entrega de premios: 
Mércores, 30 de outubro, na biblioteca.
 http://bibliolhosgrandes.blogspot.com Aquí gozaredes do Samaín.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...