1º ESO AB e 3º ESO C.
Dámoslles a noraboa!
Durante a entrega de Premios, fixemos unha homenaxe a Gabriel García Márquez. O vicedirector Faustino Martín leu un fragmento de Manual para ser un niño no que o Nóbel fala do dereito do neno ao simple goce da lectura.
A seguir Miguel Estévez de 1º ESO AB presentounos o libro que máis lle gustou: Einstein, un manga a cores, en portugués, e que temos na nosa Biblioteca. Borja Nuñez de 3º ESO C leunos un fragmento d´O Cabaliño de buxo dun dos nosos autores traducido a máis idiomas: Xosé Neira Vilas.
Agradecemos ao xurado a súa colaboración e tempo dedicado, especialmente a Marisa Rodríguez, así como a todos os profesores e profesoras que animan os seus alumnos a gozar da lectura, no seu día a día.
Nas fotos que seguen non vos perdades a Antón ,remedando a García Márquez. A ver se o atopades!
Día do libro. Premios Hora de ler. Biblioteca Ollos Grandes (Lugo) on PhotoPeach
Sem comentários:
Enviar um comentário