In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

terça-feira, 15 de abril de 2014

Roteiro Literario Anxel Fole





  Dende a Biblioteca Nodal de Lugo chéganos este convite. Non o podedes perder:

O próximo martes 22 temos unha nova actividade para todos vós, un roteiro literario en torno ao autor Ánxel Fole.

A ruta percorrerá distintas zonas, baseándonos nos libros de Ánxel Fole, a través do aproveitamento do noso patrimonio literario, descubrindo os espazos literarios e lugares da nosa cidade mais próximos ao narrado.

Percorreremos os escenarios dalgunhas das súas obras mostrando as distintas formas de arte, arquitectura e natureza, onde invitamosvos a participar de forma interactiva.

Para participar é necesario inscribirse na oficina de Administración (25 prazas).

A saída será ás 17:00 h. dende o vestíbulo da biblioteca.

Sem comentários: