Por Carmen López Rivas
Que
inxusta é a vida, que mal me sinto, que desgraciada son ... Cantas veces se nos
pasan estas palabras pola nosa cabeciña ? Dígocho eu, moitas.
A verdade
é que se o pensas nós dicimos isto por cousas tan simples como pode ser que a
comida de hoxe non che guste, que perdas o autobús, que os teus pais te
castiguen etc. Digo todo isto porque vou falar dos nenos soldado, uns meniños
que si sofren de verdade e os cales farían todo o posible por ter eses "grandes
males " que nós temos.
A
estupidez, o egoísmo e o afán de poder das persoas trae consigo os conflitos
armados, os cales podemos definir como un enfrontamento protagonizado por grupos
armados de diferente natureza. Estes poden afectar a calquera clase social e
non só teñen as consecuencias que imaxinamos, tamén traen consigo a
devastación do medio ambiente entre outras.
As causas
dos conflitos son moi diversas pero unha delas é o cambio climático, isto soa
raro, pero ten lóxica xa que o mundo ten uns recursos que se están esgotando e
moita xente afectada por isto ten que emigrar a outras zonas onde pode que non
sexan ben recibidos e orixinando unha guerra.
Os nosos actos traen consecuencias negativas e positivas
Todo isto
trae consigo atrocidades: a existencia de nenos e nenas soldado, é dicir, persoa menor de 18 anos que forma parte de calquera
forza armada regular ou irregular. Neste
grupo tamén se inclúe ás nenas que son recrutadas con fins sexuais ou coa obriga de casar.
O que se
consegue con todo isto son cifras como 2 millón de nenos mortos, 10 millóns de
meniños traumatizados e isto é so unha parte.
O
recrutamento dos nenos dáse por dúas bandas: os obrigados (secuestrados...) e
os voluntarios (pobres, orfos ...) pero a maioría dentro dos
voluntarios son manipulados ou vítimas de enganos, mentiras ou sede de vinganza causada pola perda de todo o que queren como os seus pais,
irmáns, amigos...
Isto foi, en resumo,o que nos viñeron contar na charla impartida por Jéssica Rego dentro da campaña da Cruz Vermella. Esta campaña ten
como obxectivo dar a coñecer as consecuencias que os conflitos armados teñen sobre a
infancia e promover a educación para a paz, a tolerancia e os valores.
Complementamos
a Charla cun dos vídeos contidos en Invisibles, que temos na Biblioteca.
Invisibles foi promovido por Médicos sen fronteiras e producido por Javier
Bardem. Os nenos soldado en Uganda e o que a industria farmacéutica pode facer foron dous dos vídeos nos que nos centramos.
A verdade é que a min pareceume moi interesante. Realmente me gustou saber
máis sobre o tema. As impactantes imaxes fixéronme pensar sobre situacións tan dramáticas que parecen para nós irreais pero...un conflito pode xurdir en calquera país!
Aínda que non o pareza, hai formas de poder axudar dende aquí. O único que non podemos facer é deixar o tema a un lado e darnos por vencidos.
Mentres uns nenos pasan, a diario, a vida xogando, outros
xóganse, a diario, a vida!Aínda que non o pareza, hai formas de poder axudar dende aquí. O único que non podemos facer é deixar o tema a un lado e darnos por vencidos.
Non esquezamos as nenas secuestradas en Nixeria!
A guerra non é un xogo on PhotoPeach
1 comentário:
Moi bonito! O compartimos na nosa conta de twitter @cruzvermella. Grazas!
Enviar um comentário