In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

terça-feira, 17 de junho de 2014

Esta xuventude!

Que pasa cos xoves de hoxe en día? Que lles interesa aparte do botellón? Queres sabelo? Aquí tes unha pequena mostra do que fan os do noso centro. Alucinade! Os raps en galego que aparecen nos blogs foron creados, integramente, por eles: composición da letra, interpretación en vídeo ou audio e elaboración do power ou do vídeo. Temática? ? ? 
No artigo de El País: Niñatos según para que...  analízase a disxuntiva na que se atopan os nosos rapaces e rapazas ante a disparidade, nas leis, para catalogalos como nenos ou como adultos. Moitos teñen madurez moito antes e moitos outros non a temos nin de adultos. 
Por outra banda, agradecemos á xuíza Sandra Piñeiro e ao xuíz Luís Villares , premios Entidade Amiga 2014, a súa didáctica charla sobre responsabilidade civil e penal dos 16 aos 18 anos.


                                          
                              
Entre 14 e 17 anos teñen os autores destes blogs:


Ponte en pé
Rapsgalegos
Rapgalego2014
Rapatres
Rap galego
Rapcontraoracismo
Galegando
Temosquefalar
TodoquedaenGalicia
Adeusracismo
Stopracismo
Melloraasociedade
Maloserá
Falando galego
Rapgalego dos dereitos humanos
Non ó racismo
A nosa lingua
Falando galego
Blogalego
O rapdosdereitos
Alemarisa
Rapcontraoracismo


Sem comentários: