segunda-feira, 20 de outubro de 2014

SSSH… ESTAMOS A LER

CONCURSO HORA DE LER

        
BASES:
           1º, 2º ESO
                Mellor Biblioteca de Aula:
Terase en conta:
* A orde e conservación dos libros no armario.
* Se se incrementou a biblioteca con libros do alumnado.
* A existencia dunha comisión responsable ( esa comisión poderá rotar).
              1º, 2º, 3º e  4º ESO
                Número de libros lidos:
Valorarase:
*Que todos os membros do grupo lesen algún libro (preferentemente de escolla libre).
 *Que aparezan rexistrados nos cadernos que figuran en cada aula.
TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
                Fotos:
Foto de grupo: Cada clase  poderá presentar dúas fotos ou selfies do grupo lendo.
Foto individual: Ata dúas fotos ou selfies lendo.

As fotos presentaranse en formato dixital (jpg, máximo 5 MGs), indicando autoría, curso e grupo, vía correo electrónico a: biblioteca@iesollosgrandes.org, con data límite  martes 7 de abril.
As fotografías publicaranse no blog da Biblioteca http://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/ 
e expoñeránse nos seus taboleiros.
En caso de facer constar dereitos de autoría, a única licenza admitida será Creative Commons.

XURADO:
Un representante do profesorado, outro do alumnado, e outro do persoal non docente , xunto cun cargo directivo.
O xurado poderá revisar os armarios e cadernos das aulas a partir de novembro ata a semana do 13 ao 17de abril.

PREMIOS:
Entregaranse na Biblioteca o xoves 23 de abril (Día do libro).

PODES LER:
*Un libro da túa biblioteca de aula.
*Un libro ou e-book pedido na Biblioteca.
*Un libro teu...
BIBLIOTECA IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES Fotos ou selfies hora de ler on PhotoPeach

Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...