quarta-feira, 17 de dezembro de 2014

Violencia de xénero e Educación

Resulta decepcionante e, cando menos, triste e denigrante, que teñamos que conmemorar, ou facer memoria, do Día en contra do Maltrato de Xénero, xa que supón que, neste mundo de avances científicos e tecnolóxicos, a igualdade de xénero sexa , aínda, una meta non conseguida para a humanidade. Sabemos que, precisamente, a falta de igualdade está no transfondo do asoballamento feminino, que induce aos maltratadores a exercer o seu labor como tales. O concepto de maltrato de xénero implica dous tipos básicos: maltrato físico e maltrato psicolóxico . A nosa selección de textos literarios que reflicten o maltrato feminino ofrecen esas dúas liñas: -  Cantar de Mío Cid- Fragmento do Cantar da Afrenta de Corpes ( maltrato físico). - Conto XXXV do Libro de Patronio y el Conde Lucanor de Don Juan Manuel (maltrato psicolóxico). Textos lidos na Biblioteca o 25 de novembro por alumnado de 3º ESO e 1º BAC.
Esta breve introdución realizada por Mavisa abriu os actos contra unha lacra que non cesa. Que estamos a facer mal?











 
As mulleres son as grandes esquecidas da historia. Os libros son a mellor maneira de renderlles homenaxe.(Elena Poniatowska)

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...