quinta-feira, 5 de fevereiro de 2015

Certame de audiovisual non profesional "OlloBoi 2015"


A asociación Marearte convoca o certame de audiovisual non profesional "OlloBoi 2015". Para participar haberá que elaborar un traballo de vídeo-creación (ficción ou documental) e aloxalo nun servidor web; procurarase que os vídeos non superen os 20 minutos. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso da lingua galega, a sensibilidade medioambiental e social e o respecto polos dereitos dos animais.

Destinatarios: calquera persoa ou grupo nacidas ou residentes en Galicia, que estea vinculado co ámbito escolar, en calquera dos seus niveis de ensino

Categorías: 10 (Olloboi Cómico, Olloboi Peleón, Olloboi Fotoxénico, Olloboi DJ, Olloboi Orixinal, Olloboi Animado, Olloboi Online, Olloboi Zamburrioi, Olloboi Especial Embarcacións Tradicionais, Olloboi Universitario e de Escolas Audiovisuais).

Prazo para a presentación da solicitude e dos traballos: venres 8 de maio de 2015

Máis información: pincha aquí 

Bases : pincha aquí 


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...