quinta-feira, 18 de junho de 2015

A biblioteca e o alumnado

O Equipo da Biblioteca quere agradecer, a toda a Comunidade Educativa, o maioritario uso que fixestes do espazo da biblioteca, durante todo o curso.
 Estudar, traballar en grupo, lectura informal na zona de revistas, lectura dixital nos dous e-books que emprestamos, xogos sempre cunha parte educativa e socializadora, empréstito de libros, concursos, actividades nas que colaboraron moitos dos Departamentos ( charlas, teatro...) e todos vós.
 Combinar tan distintos intereses, por veces, non é fácil nun espazo que reclamades escaso ano tras ano, pero coa comprensión de todos conseguimos un ambiente agradable, que compartimos durante todo o curso. A nosa intención é dar pero á verdade é que recibimos moitos máis.
 Unha pequena parte de todo o que viviron as paredes da nosa Biblioteca aparece na Revista Tempus, publicada polo EDNL ( dirixida por Juan Carlos Lorenzo). 
Recomendámosvola, así como o artigo que o alumno de 1º de BAC, Denis del Castillo, publica sobre o que supón a biblioteca para el.( páxina 59).
                                                     
                                                      Grazas a todas e todos !

Denís, co Director, na entrega de premios do Día do libro


   

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...