segunda-feira, 1 de junho de 2015

Club de lectura interxeracional

                                                                                      


                             Por Sabela Fernández Regueiro 
                                                                                
                            
Os maiores son persoas moi intelixentes e debido ás súas experiencias e anos pódennos ensinar moitas cousas.
  
    Os alumnos de 1º de ESO do club de lectura quixemos adentrarnos un pouco máis nese mundo de sabios. Para iso organizaron unha reunión na biblioteca deste privilexiado centro, nada máis e nada menos que cun club de lectura da terceira idade.

   Nese acontecemento falamos de diversas cousas, pero sobre todo divertímonos e coñecemos o tipo de lectura que facían e fan os nosos maiores. Falamos dos libros que se lían en cada club e, ao final, xa que estivemos moi cómodos todos xuntos, decidimos o seguinte: quedar cada dous meses aproximadamente e falar, dar a nosa opinión... sobre o libro que teñamos en común. O propósito é coñecer o que pensan as distintas idades sobre o mesmo tema. Desta maneira coñecemos e discutimos os gustos e opinións de todos.


          No Club Ollos Grandes non se para, lese, intercámbianse opinións e bótanse a andar. Aquí vos deixamos as fotos que nos envía Esther Rodríguez, marabillosa directora deste Club de lectura, do itinerario literario de O veleno da risa realizado cos alumnos maiores do Club.         
E pregunta para ti: 
Quen é o autor desta obra? Envíanos a túa resposta.  




Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...