O Ministerio de Educación ,Cultura e Deporte, publicou recentemente a Enquisa de hábitos e prácticas culturais en España 2014-2015 O estudo feito a persoas maiores de 15 anos, sinala que as actividades culturais máis frecuentes que realizan os españois en términos anuais son: escoitar música (87,2%), ler(62,2%) e ir ó cine (54%).
No referente á lectura, esta actividade subiu 3,5 puntos con respecto ao estudo anterior que se realizou no 2010-2011.
En canto ao xénero literario o 75%,3% decántase pola novela contemporánea,un 24,7% pola novela clásica e un 8,8% por biografías ou libros de memorias.
Respecto ó formato de libro , a enquisa mostra o predominio da lectura impresa xa que o 59% da poboación leu neste formato no último ano; ainda que tamén se observa unha subida moi significativa da taxa de lectura dixital.
En canto a como len e que len os lectores en soporte dixital, o 5,7% manifesta ler libros directamente en Internet, o 6% a través dun lector de libros dixitais e o 1,8% a través doutros soportes móbiles; en canto á temática, os niveis maiores acádanse en libros divulgativos, concretamente os que versan sobre ciencias físicas, químicas, matemáticas ou informática,s seguidos de novelas de ciencia ficción ou cómics.
A enquisa tamén indica que unha de cada catro persoas asiste a unha biblioteca na procura de información ou préstamo de libros.
Sem comentários:
Enviar um comentário