segunda-feira, 16 de novembro de 2015

En que sentido circula este tren?

Observa esta imaxe  animada e intenta dicir en que sentido circula o tren. Daraste conta que según como o mires, poderás ver o tren moverse nos dous sentidos. É unha ilusión óptica bastante divertida que se consegue enganando o noso cerebro, alternando catro únicos fotogramas.
En Novembro, mes da Ciencia, parámonos a descubrir a beleza extraordinaria do Universo. Pero como di, Jorge Mira, non é doado percibila.
Para un humano primitivo, un cadro de Picasso só sería un trapo, untado con graxas de cores, e un libro de Rosalía de Castro, un montón de papeis con machas negras. Para nós iso xa non é así, por mor da educación que recibimos, que nos fai posible percibir beleza nesas obras.
Así comeza Jorge Mira o seu manifesto co gallo da celebración do Mes da Ciencia. Ti que opinas?
 Queres continuar poñendo o teu cerebro a proba e divertirte? Nesta páxina atoparás máis xogos: Mensa. Xogos de lóxica.
 A interdisciplinaridade, cada vez máis presente nas nosas aulas e na vida, consegue que aprendamos dende unha área cousas que pertencen a outra ou outras áreas e...aí está o interesante.
Alumnado de 4º da ESO na área de Lingua e Literatura Galega achéganse a Galileo cunha pequena dramatización gravada na nosa Biblioteca. Aquí a tedes, para os que o pasado curso non puidestes acceder á representación en directo.
Galileo 

Mientras la humanidad siempre avanzando
             No sepa a dó camina;
Mientras haya un misterio para el hombre,
             ¡Habrá poesía!
Becquer Rima IV





Grazas Marcos por lernos, tan marabillosamente, este post sobre a Ciencia.

1 comentário:

Anónimo disse...

Dados los parámetros x, y del MRU, y cumpliéndose para cualquier valor de estos la integral definida del coeficiente relativo del movimiento, k, la respuesta correcta sería el tren no se mueve.

Letras Galegas 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua da autora ho...