In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

segunda-feira, 7 de dezembro de 2015

Concurso felicitacións de Nadal



BASES DO CONCURSO

PRIMEIRA
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
SEGUNDA
O concurso está dirixido ao alumnado do Centro. Porén, admitirase a participación do resto  da Comunidade Educativa (pais, profesores, persoal non docente), mais fóra de Concurso.
TERCEIRA
Poderán ser bilingües sendo unha das linguas a galega, a outra ou outras opcionais.
CUARTA
Valoraranse a presentación e a creatividade, así como a orixinalidade e a corrección da lingua usada. No caso de empregar Power Point,  con música ou imaxes, serán valorados positivamente.
QUINTA
Aceptaranse, como máximo, dúas creacións por participante.
SEXTA
A data límite de presentación é o xoves 10 de decembro 2015.  Enviaranse ao enderezo: biblioteca@iesollosgrandes.org
SÉTIMA
No e-mail requirirase  presentar, ademais,a seguinte información: o nome e apelidos, curso e grupo.

OITAVA
O acto de entrega de premios terá lugar na Biblioteca, o luns 14 ás 11h15, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.
NOVENA
Todos os traballos serán publicados na páxina web da Biblioteca:

e asemade na de Dinamización Lingüística: http://edlgollosgrandes.wix.com/edlg

e  ademais o traballo que acade o primeiro premio será empregado para as felicitacións oficiais.

DÉCIMA
Premios:
1º Premio:

Vale canxeable na cafetería do centro por valor de 5 consumicións.

2º Premio:
Vale canxeable na cafetería do centro por valor de 2 consumicións.

3º Premio:
Vale canxeable na cafetería do centro por valor de 1 consumición.

UNDÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.



Sem comentários: