Rafael Ameijide Asorey: Pareceume bastante orixinal para facer co
alumnado. Sinceramente paseino ben e gustoume bastante.
Matías Carnero Carnero: O mellor estar buscando libros, movéndote pola biblioteca e usar o ordenador para ver o Catálogo da Biblioteca.
Esther Castedo Potente: A actividade foi moi entretida e amena. Realizala por grupos fixo que fora divertida, orixinal . Aprendemos a buscar na biblioteca e tamén sobre autores como Castelao, Maruxa Mallo...
Ainoha Díez Díaz: A actividade na Biblioteca foi moi entretida.
Alejandro Gundín López: A min gustoume porque foi entretida e nada pesada.
Alejandro Hermida Pérez: Todos participamos e pasámolo moi ben. Divertida e dinámica.
Brais López Otero: Moi entretida. A quen non lle gusta unha caza do tesouro? A diferenca de dificultade das actividades foi compensado ao poder axudar aos demais.
Nicolás Jesús Quiroga Gómez: Moi dinámica e divertida e, asemade, didáctica. Gustaríame facer máis destas actividades.
Alejandro Rivas Díaz: Amena, divertida e para todo tipo de persoas.
Jonás Rodríguez Arcia: Entretida, ademais da competitividade saudábel que había entre os grupos.
Alba Somoza González: Gustoume moito. Paréceme unha boa idea pra entreterse, pasalo ben e, ao mesmo tempo, interesarnos na materia.
Carlos Tacón García: As tarefas propostas foron moi interesantes, entretidas e didácticas. Gustoume moito porque todos podiamos participar. Persoalmente, encantoume a idea. Penso que poderían incluírse outros aspectos da nosa cultura e que se pode realizar en todas as áreas.
Laura Vázquez Lorenzo: Entretida, divertida e moi colaborativa.
Alejandro Veiga Figueroa: Educativa e entretida.
Luís Valentín Ulloa Lluque: Gustoume moito o xogo de Lingua Galega: a procura de pistas cos libros e tamén poder facer un puzzle entre todos.
Sem comentários:
Enviar um comentário