A "Confederación Nacional Mujeres en Igualdad" convoca o Concurso de Ilustración "Campaña de Erradicación de la Mutilación Genital Femenina", asunto que se reivindica o 6 de febreiro como Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina.
A Confederación é unha ONG de ámbito nacional que se dedica á protección dos dereitos da muller, especialmente das mulleres vítimas de violencia de xénero.
O concurso quere visibilizar a discriminación, vulneración de dereitos e violencia contra a muller que sofren actualmente 140 millóns de mulleres e nenas no mundo; prevese que afecte a 86 millóns no ano 2030. Actualmente hai en España máis de 17 mil nenas menores de 14 anos en risco de sufrir mutilación xenital.
Destinatarios: persoas ou equipos
Prazo de presentación: ata o 14 de abril (ás 23.59)
Publicación do fallo do xurado: 20 de maio
Distribución do manual coas ilustracións: a partir de agosto de 2016
Prazo de presentación: ata o 14 de abril (ás 23.59)
Publicación do fallo do xurado: 20 de maio
Distribución do manual coas ilustracións: a partir de agosto de 2016
Máis información: pincha aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário