terça-feira, 3 de maio de 2016

Concurso Recoméndoche un libro

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas  convídavos a participar no

Proxecto “RECOMÉNDOCHE UN LIBRO”


CANLE DE YOUTUBE recomendocheunlibro, na que o alumnado e as persoas usuarias dos nosos centros, así como o público en xeral, divulgue vídeos recomendando un libro ou animando á súa lectura dalgún outro xeito (booktrailer, lecturas en voz alta, etc.)
Asociado a esta iniciativa, convócase O CONCURSO “O ollo de vidro”, co que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, e cuxo ditame se dará a coñecer no mes de maio.
Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Colaboran tamén neste proxecto a Deputación de Pontevedra e a Asociación de veciños do Calvario para contribuír á dinamización da zona.
Para saber máis sobre as normas do funcionamento da Canle de Youtube  "recomendocheunlibro" e sobre as BASES DO CONCURSO  "O OLLO DE VIDRO" preme aquí


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...