quarta-feira, 19 de outubro de 2016

Bases concurso de Escritura Rápida.

O vindeiro día 24, Día da Biblioteca, celebraremos un concurso de microrrelatos na Biblioteca ao que podedes acudir libremente.
Debemos comentar que houbo un cambio na cuantía dos premios, o primeiro premio será de 30€ e o segundo de 15€.
A continuación publicamos as bases para a participación. 
 
BASES CONCURSO MICRORRELATOS:
  1. Poderá participar calquer alumn@ do instituto.
  2. Tema: creación narrativa a partir dunha frase dada.
  3. A extensión da obra será de 50 palabras como máximo.
  4. O tempo máximo para a composición será de 10 minutos.
  5. As obras serán escritas en galego.
  6. Os relatos serán firmados baixo seudónimo.
  7. Os premios consistirán en:
    -Primeiro premio: un vale de 30€ para invertir nunha librería veciña.
    -Segundo premio: un vale de 15 para invertir nunha librería veciña.
  8. O xurado está composto por membros do Equipo da Biblioteca.
  9. A deliberación do xurado será anunciada o día 2 de Novembro e a entrega dos premios terá lugar no recreo dese mesmo día.
  10. A decisión do xurado será inapelable.
  11. Os microrrelatos gañadores serán publicados no blogue da Biblioteca.
  12. Aceptación das bases: a participación no concurso implica a súa aceptación plena.

Sem comentários:

Letras Galegas 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua da autora ho...