In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

sexta-feira, 14 de outubro de 2016

Enfermería e Desideratas.

No mostrador da Biblio hai dúas caixas, unha é a das Desideratas, para que solicitedes aquelo que non atopedes na Biblio e que vos apetece ler, ver, curiosear... Encantaríanos que enchérades a caixa dos vosos desexos pois isto nos axuda a manternos actualizados en canto ós vosos gustos e preferencias, ó fin e ó cabo esta Biblioteca é para vós.
A outra caixa é a da Enfermería de Libros; cando atopedes libros, revistas, cómics... que non estén en non moi bo estado deberíamos depositalos con moito coidado nesta caixiña para despois ser sometidos a unha cura reparadora.
 

Sem comentários: