Organismos responsables
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT).
Temática
III edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal.
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto. Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e Galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.
Obxectivos
a) Promover a aparición de novos/as escritores/as
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción
c) Incentivar a creatividade literaria entre os/as novos/as escritores/as residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras
Destinatarios/as
Persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que poderán presentar as súas obras inéditas, de entre 5.000 e 8.000 palabras.
Prazo
Ata o vindeiro 30 de abril de 2017.
Premio
O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o/a vencedor/a.
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.
Máis información: pincha aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário