In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quinta-feira, 19 de janeiro de 2017

Premios á Ecoinnovación Educativa


Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa 2016/17


Obxectivos
  • Identificar actitudes innovadoras e comprometidas coa conservación da natureza e o medio ambiente.
  • Destacar o protagonismo dos mozos no fomento da cultura ecolóxica: coñecementos, valores, actitudes, comportamentos.
  • Espertar o interese social polo medio ambiente a través dos centros educativos.
Destinatarios/as
  • Alumnado de Secundaria (1º e 2º de ESO)
  • Alumnado de Secundaria (3º e 4º de ESO)
  • Alumnado de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio
Modalidades e requisitos
  • 1ª CATEGORÍA: QUE É PARA TI A NATUREZA?
  • 2ª CATEGORÍA: A MIÑA SOLUCIÓN CREATIVA A UN PROBLEMA AMBIENTAL
  • 3ª CATEGORÍA: COMO MELLORARÍAS A TÚA CONTORNA?
Nas categorías 1ª e 2ª os proxectos deberán ser desenvolvidos por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 30.
Dotación
A dotación dos Premios Fundación ENDESA é de 16.000 euros, os cales se distribuirán da seguinte maneira:
  • 1ª Categoría: tres galardoes, un por cada nivel educativo, por un valor de 2.000 euros cada un.
  • 2ª Categoría: tres galardoes, un por cada nivel educativo, por un valor de 2.000 euros cada un.
  • 3ª  Categoría: un  galardón acompañado de 4.000 euros
O fallo que emita o xurado será inapelable e publicarase o 30 de maio de 2017, data na que se informará igualmente do día, hora e lugar en que se celebraría a cerimonia de entrega de premios.
Prazo
  • Desde o luns 28 de novembro ás 9:00 a.m. ata o martess 28 de febreiro de 2017 ás 11:59 p.m.
Ata o luns 10 de abril ás 11:59 p.m. para presentar telemáticamente os proxectos na páxina web ecoinnovacion.fundacionendesa.org.
Bases do concurso: pincha aquí

Sem comentários: