Hoxe conmemoramos o Día da Muller. No instituto decidimos vir de negro para apoiar a loita feminista e dende a Biblioteca tamén quixemos participar.
Fixemos un collage coa silueta dunha alumna e nel pegamos imaxes de mulleres, imaxes positivas que iluminan ese recuncho do corredor.
Na nosa zona de suxestións temáticas preparamos cómics, novelas e libros de ensaio que tratan sobre mulleres.
Por outra banda, colgamos imaxes antigas de loita feminista, imaxes en branco e negro que nos recordan que esta pelexa vén de moito tempo atrás e que todavía continúa.
Tamén durante os recreos estamos a poñer música feita por mulleres, dende Nina Simone a Sés pasando por Clara Schumann, entre outras.
E para rematar esta semana, o venres no recreo o grupo de alumnas de Música de 4º da ESO e alumnas de 1º de Bacharelato da asignatura de Expresión Vocal e Coral intervirán na Biblioteca cunha pequena peza tradicional.
Sem comentários:
Enviar um comentário