Os alumnos de 2º A, que participaron no proxecto “Fálame da
emigración”, en colaboración con Afundación (obra social
de Abanca) tiveron o 2º encontro desta actividade. Na primeira parte
escoitaran experiencias de persoas da terceira idade que foron
emigrantes en distintos países.
Agora, despois de facer unha investigación na súa familia, oito
alumnos expuxeron, para esas mesmas persoas e para os seus
compañeiros, as historias que viviron os seus parentes.
Como remate da actividade fixeron unha análise conxunta das
causas, consecuencias e circunstancias da emigración galega ao longo
dos dous últimos séculos.
Carmen e Clara quixeron expoñer as súas impresións que deixamos a continuación.
A miña impresión tras compartir a experiencia dos valentes que
viviron a emigración foi moi enriquecedora.
Teño oído dicir que “quen non pasou fame, non pode falar
dela” e hoxe, por fin, entendo o que quere expresar. Cando un só
fala desde a cabeza, non pode transmitir o que sente desde o corazón.
As persoas que viven unha situación así e a contan, non contan só
unha historia, senón que tamén comparten as emocións e os
sentimentos que viviron.
Só se pode explicar un sacrificio tan grande como é deixar
as comodidades e a seguridade do fogar pola aventura do descoñecido
e o medo que deberon sentir, se se pensa no inmenso amor e a
necesidade de levar o pan para a casa.
Esa necesidade, movida polo amor á familia, é case a única
maleta que levaron os que marcharon da nosa terra sufrindo soidade,
penurias, morriña e medo, e que se enfrontaron a todo coa coraxe dos
valentes.
Por iso quero honrar a esta xente con todo o meu respecto e
admiración, e, a partir de hoxe, sentirme agradecida a aqueles que
un día o deixaron todo polos que quedamos aquí. Grazas.
Carmen Victoria González Fernández (2º A de
ESO)
Esta experiencia pareceume moi boa e entretida, tanto para os nenos como para os anciáns e demais participantes. Nunca pensei que un neno de 13 ou 14 anos e unha persoa de 80 se puidesen levar tan ben. É por iso que me gustou tanto, xuntar dúas xeracións totalmente distintas.
Tamén me gustou moito a idea de facer públicas as historias para que non queden no esquecemento.
Agora sei moitas máis cousas sobre a miña familia e sobre a emigración. Cambiou a miña percepción canto aos anciáns, nunca pensei que fosen tan simpáticos, amables e graciosos.
Sen ningunha dúbida repitiría esta experiencia que, polo menos para min, foi inesquecible. Paseino moi ben falando e facendo actividades con eles. Encantoume escoitalos e escoitar un anaco das súas vidas.

Clara de Castro Leira (2º A de ESO)
!
"Afundación#ç""$
&
(&
'*
)
Clica aquí se queres ler os traballos que xa están publicados na páxina web de Afundación. Tamén podes ver máis fotos.
Sem comentários:
Enviar um comentário