In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quarta-feira, 19 de abril de 2017

Orballo da mañá...

 Orballo da mañá... de David Vázquez Álvarez xa o podes atopar na nosa sección de novidades.
O barco, no que Lisa ía regresar ao seu país despois das vacacións, agardaba no porto de Casablanca cheo de luces, de bandeiras de cores, de música...
No fondo sentía moito deixar alí á súa amiga, que coñecera soamente unhas semanas atrás...no entanto unha parte da súa alma ficaba mesturada coas areas do incríble deserto.
Nadia tamén viaxaría moi pronto cara ao norte onde seguro que algún día se atoparían, mais o seu barco non tería bandeiriñas nin luces de cores nin música... ela terá que deixar ao seu sabio avó Ismael e á súa amiga Soraia, a vida de miseria pero feliz no poboado, e vivir unha dramática viaxe coa súa familia para conseguir un futuro mellor en Europa e reencontrarse coa súa mellor amiga, Lisa.
O libro deixa claro a importancia da familia e que a amizade non ten que ver coas razas. Así o dí Noelia Valiño en Larpeirandopalabras
    

Sem comentários: