Operadores booleanos
Google emprega os operadores booleanos para realizar procuras combinadas de varios términos. Eses operadores son unha serie de símbolos que Google recoñece e modifican a procura realizada:
- " ": Para buscar unha expresión literal. "tenda de deportes" (compara con tenda de deportes).
- -: Para excluír páxinas que inclúan certo término. corte -inglés (compara con corte).
- OR (ou): Busca páxinas que conteñan un término ou outro. patacas OR cenorias (compara con patacas cenorias).
- AND (y): Indica que as palabras que van diante e detrás do operador deben estar na búsqueda: teenage and depression: os resultados terán as dúas palabras.
- +: Para incluír palabras que Google por defecto non ten en conta ao ser moi comúns ("de", "o", "a".....). +a real (compara con a real). Tamén se usa para que Google distinga acentos, diéreses e a letra ñ, que normalmente son elementos que non distingue.
- *: Comodín. Utilizado para substituír unha palabra. Adoita combinarse co operador de literalidade (" "). "tenda * deportes" (compara con "tenda deportes").
Comandos
Os comandos son outra serie de palabras clave que poden ser empregadas para realizar procuras diferentes, e que poden ter utilidade como son:
• define:término : Móstranse as definicións procedentes de páxinas web para o término definido. define:cancro
• filetype:término: As procuras se restrinxen a páxinas con nomes rematados no término especificado. Maioritariamente se empregan para determinar a extensión dos ficheiros. filetype:pdf cancro
• site:sitio/dominio : Os resultados amosan os contidos no sitio especificado, o que serve para facer procuras en sitios que non teñen buscadores internos propios. Site:http://www.sergas.es cancro
• link:url : Amosa páxinas que apuntan cara á url definida, o que nos pode dar idea da importancia e fiabilidade da páxina pola súa repercusión.
• cache:url Amosa a versión que google ten na súa cache.
• info:url : Google presentará información sobre a páxina que se corresponde coa url
Máis información sobre operadores y comandos: aquí
Grazas ao CEIP Condesa de Fenosa pola información.
Sem comentários:
Enviar um comentário