Un proxecto de investigación pode xirar arredor de calquer tema (non é só cousa dos científicos...). Calquer pregunta que xurda en ti sobre algo que desperta a túa curiosidade pode levar á aventura que significa investigar, que non é máis que consultar variadas fontes de información co propósito de aportar datos sobre un tema.
O que sí é común a calquer investigación é o método que debemos seguir para levala a cabo.
O primeiro será delimitar o tema que nos interesa traballar (poderíamos extendernos sobre esta primeira fase do proceso pero será materia doutra entrada do blogue). Unha vez concretado, iniciamos a segunda fase do noso método científico, a procura de información: a DOCUMENTACIÓN.
Hai diversos tipos de fontes de información (impresas, electrónicas, audiovisuais, persoas e lugares...) pero nesta ocasión imos centrarnos na información ON-LINE.
En 1º lugar elixiremos un buscador (p.ex. Google) e ingresaremos unha palabra clave, é dicir, o nome do teu tema, ou ben a combinación de varios conceptos. Tamén podemos probar a facerlle ó buscador preguntas literais.
En todo caso aquí entrarían en xogo o que chamamos os operadores booleanos, unhas ferramentas esenciais que nos axudarán a afinar a nosa búsqueda e a non afogar nese océano de información que é internet:aquí ou aquí
Empeza a usalos dende XA, porque cada vez será máis doado ó ir collendo práctica no seu manexo, e non esquezas poñer os caracteres do operador que sexa sempre en maiúsculas.
Empeza a usalos dende XA, porque cada vez será máis doado ó ir collendo práctica no seu manexo, e non esquezas poñer os caracteres do operador que sexa sempre en maiúsculas.
O resultado desta búsqueda levaranos a unha lista de sitios web PERO moitos deles non nos servirán para documentarnos pois a importancia da información ou veracidade non será a óptima.
Entramos na 2ª fase da pesquisa: podo fiarme ou son fake news?
Se descoñeces que son as fake news suxerímoste que acudas a este enlace para aprender como descubrir se unha noticia é falsa.
Pero entón como podo asegurarme de que a fonte que consulto é confiable? Para isto axudaranos o coñecido como TEST CRAAP, un sistema de fiabilidade de sitios web ideado por bibliotecarios da Universidade Estatal de California para axudar aos estudantes en investigacións académicas. Clica aquí para acceder á nosa ficha CRAAP en galego e aquí en inglés e somete ás túas páxinas a un riguroso control!
Esperamos que esta primeira fase da investigación sexa un éxito gracias a estas recomendacións. A seguir investigando!
Sem comentários:
Enviar um comentário